Como en calquera deporte que se pratique, a pérdida de auga e minerais mentres padexamos é importante. Polo tanto , a DIETA NO KAIAK ten que ser alta en líquidos , hidratos de carbono e proteinas .
Por todo isto intentarei facer menús para un día , unha fin de semana ou unha semana de travesía tendo tamén en conta se a facemos no lugar de residencia, ou se a facemos noutro pais.
LÍQUIDOS: Debemos hidratarnos ben ,xa que isto prevén a hipotermia e os golpes de calor .É moi recomendable levar un camel-back(falaremos dél noutra ocasión ) e ir bebendo inda que non teñamos ganas.Si no inverno no nos vai tanto a auga fria debemos beber a auga en infusións ,caldos,etc...e levalos nun termo
A cantidade recomendable pra todo o dia incluida a das comidas varia si e inverno o vrán e van as cantidades entre os 6 a os 10 litros
HIDRATOS DE CARBONO: Entre outras cousas e unha fonte rápida de enerxia e poden ser:
Simples:danche enerxia case de inmediato(froita, froitos secos,barritas enerxeticas ...)E recomendable tomar algún cada duas horas durante unha travesia.
Complexos:son de adsorción lenta e danche enerxia pra todo o día (arroz, pasta ,cereales...)tomaremolos no desayuno e sobre todo na cea,xa que nunha travesía son as comidas máis fortes que faremos.
PROTEINAS:Non fai falta unha ingesta tan grande como de hidratos de carbono ou auga pero son tamén importantes na dieta dún kayakista,xa que , interveñen na formación e reparación da masa muscular (peixe,carne ,ovos.....)